GRAZAS PATRON! [Merci patron!] de François Ruffin [84']
Francia
2015
Documental
Sinopse
A Jocelyne e a Serge Klur, nada lles vai ben: a súa
empresa fabricaba roupa de Kenzo (Grupo LVMH), preto de Valenciennes, pero foi trasladada
a Polonia. A parella está en paro, cribada de débedas e a punto de perder a súa
casa. Entón François Ruffin, fundador do diario Fakir, chama á súa porta e
dilles que os vai a salvar.
XOVES 1, ás 20:30 H
DOMINGO 4, ás 20:00 H
España
2016
Documental
Sinopse
Un executivo xaponés en Tokyo, cuxa vida se basea
unicamente no seu traballo para unha corporación; unha comunidade subsahariana
no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que xogándose a vida unha
e outra vez tenta cruzar ao Primeiro Mundo soñando cun futuro; unha familia en
Madrid que, a pesar dos esforzos por ter unha vida que o sistema entende como ¿normal?,
acaba desafiuzada do seu propio fogar. Tres historias de contradicións que se
desenvolven en distintos lugares do planeta, en distintos ámbitos socioculturais.
Con todo, esas contradicións pódense atopar en calquera outro lugar, en
calquera outra cultura.
XOVES 8, ás 20:30 H
DOMINGO 11, 20:00 H
España
2016
Documental
Sinopse
A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down,
fixo que o seu pai se puxese a escribir un blogue e a gravar ao seu fillo, para
así compartir e poder superar os seus medos. O documental cóntanos desde a
intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do
humor, o esforzo e o amor por Jan, os seus pais buscan normalizar e dar
visibilidade ao descoñecido mundo da discapacidade.
XOVES 15, ás 20:30 H
DOMINGO 18, ás 20:00 H
España
2016
Documental
Sinopse
Desde que comezase a guerra civil en Siria uns catro
millóns de sirios tiveron que abandonar o país fuxindo da violencia. Máis da
metade deles son nenos. "2016. Nacido en Siria" narra o periplo deses
refuxiados desde o punto de vista dos nenos que viven este calvario: os abusos
das mafias, as inclemencias do mar, a incerteza sobre un futuro ao que a gran
maioría enfróntase apenas co posto e descubriremos que chegar ao seu destino é
só o comezo dunha nova odisea: a da integración nunha terra nova e, en moitos
casos, hostil. O maior éxodo de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial visto
a un metro e medio de altura a través de sete historias de guerra, sufrimento e
desesperación... pero tamén de superación, inocencia, valor e esperanza, que
nos permitirán entender que significa nacer en Siria.
XOVES 22, ás 20:30 H
DOMINGO 25, ás 20:00 H
Ningún comentario:
Publicar un comentario