PROGRAMACIÓN NOVEMBRO_2017

STEFAN ZWEIG, ADEUS  A EUROPA [Stefan Zweig: Farewell to Europeaka] 
Dirección: María Schrader
Austria, 2016
106 min.
Guion: Maria Schrader, Jan Schomburg
Música: Tobias Wagner
Fotografía: Wolfgang Thaler
Reparto: Josdef Hader, Aenne Schwarz, Tomas Lemarquis, Barbara Sukova
Productora: Coproducción Austria-Alemania-Francia
Xénero: drama
Sinopse
Biopic sobre o intelectual austriaco Stefan Zweig, centrado nos anos de exilio do famoso escritor e activista social. Zweig foi un dos personaxes máis irrepetibles do século XX. Como xudeu viuse obrigado a fuxir do seu país debido ao réxime nazi. Na súa fuxida cara a adiante, refuxiouse en París primeiro e, máis tarde, en Londres, pero Zweig acabou fuxindo de Europa xunto á súa esposa a Sudamérica, instalándose finalmente en Brasil, onde acabará suicidándose en 1942 debido ao seu medo a que o nazismo se estende por todo o mundo.
TRAILER
XOVES 2, ás 20:30 H
DOMINGO 5, ás 19:00 H


O XOGADOR DE XADREZ
Dirección: Luis Oliveros
España, 2017
98 min.
Guion: Julio Castedo
Música: Alejandro Vivas
Fotografía: Juan Carlos Gómez
Reparto: Marc Clotet, Melina Matthews, Alejo Sauras, Stefan Weinert
Productora: Ishtar Films / Tornasol Films
Xénero: drama
Sinopse
En 1934 Diego Padilla gaña o campionato de España de xadrez e coñece a unha xornalista francesa, Marianne Latour, da cal se namora. Pasados os anos Marianne convence a Diego para que xunto coa filla de ambos se vaian a vivir a Francia, onde pouco tempo despois Diego será acusado de espía polos nazis e encerrado nunha prisión das SS. Na prisión, Diego tentará sobrevivir nunha contorna hostil grazas á afección ao xadrez do coronel Maier, o oficial ao mando, un home hierático, hedonista e imprevisible.
TRAILER
XOVES 9, ás 20:30 H
DOMINGO 12, ás 19:00 H

CHURCHILL
Dirección: Jonathan Teplitzky
Reino Unido, 2017
110 min.
Guión: Alex von Tunzelmann
Música: Lorne Balfe
Fotografía: David Higgs
Reparto: Brian Cox, Miranda Richardson, John Slattery, James Purefoy
Productora: Salon Pictures / Tempo Productions Limited
Xénero: thriller
Sinopse
En 1944 as forzas aliadas -un millón de soldados reunidos na costa sur inglesa- están preparadas para o desembarco. 48 horas antes da operación, Winston Churchill enfróntase cos seus xenerais e aliados norteamericanos para decidir como afrontar o que se converteu no punto de inflexión da Segunda Guerra Mundial. Se a campaña do Día D fallase, teme ser lembrado como o arquitecto dunha carnicería.
TRAILER
XOVES 16, ás 20:30 H
DOMINGO 19, ás 19:00 H

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
7 DEUSAS [Angry Indian Goddesses]
DirecciónPan Nalin
India, 2015
115 min.
Guion: Pan Nalin, Subhadra Mahajan, Dilip Shankar, Arsala Qureishi
Música: Cyril Morin
Fotografía: Swapnil S. Sonawane
Reparto:Rajshri Deshpande, Tannishtha Chatterjee, Adil Hussain, Sarah-Jane Dias
Productora:Jungle Book Entertainment 
Xénero:comedia, drama
Sinopse
Na idílica praia de Goa, Frieda, unha exitosa fotógrafa, reúne as súas mellores amigas na véspera da súa voda. O grupo é un exemplo da moderna sociedade India. Todo está listo para unha noite de celebración. Pero falta un pequeno detalle: Frieda non lles dixo ás súas amigas con quen se vai a casar.
TRAILER
XOVES 23, ás 20:30 H

A DECISIÓN DO REI [The King's Choice]
Dirección: Erik Poppe
Noruega, 2016
133 min.
Guion: Harald Rosenløw-Eeg, Jan Trygve Røyneland
Música: Johan Söderqvist
Fotografía: John Christian Rosenlund
Reparto: Brian Cox, Miranda Richardson, John Slattery, James Purefoy
Productora: Film Väst / Newgrange Pictures / Paradox
Xénero: bélico
Sinopse
O 9 de abril de 1940, os soldados alemáns chegan á cidade de Oslo. O rei de Noruega enfróntase entón a un dilema que podería cambiar para sempre a historia do seu país.
DOMINGO 26, ás 19:00 H




O HOME DO CORAZÓN DE FERRO [The Man with the Iron Heartaka] 
Dirección: Cédric Jimenez
Francia, 2017
120 min.
Guion: Audrey Diwan, David Farr, Cédric Jimenez
Música: Guillaume Roussel
Fotografía: Laurent Tangy
Reparto: Jason Clarke, Rosamund Pike, Jack O'Connell, Mia Wasikowska
Productora: Adama Pictures / Légende Films
Xénero: bélico
Sinopse
Ano 1942: O terceiro Reich está no seu máximo apoxeo. A resistencia checa en Londres decide planear a operación militar máis ambiciosa da Segunda Guerra Mundial: Antropoide. Dous novos recrutas, Jozef Gabcik  e Jan Kubis  son enviados a Praga para tentar asasinar o líder nazi máis cruel de todos, Reinhard Heidrych, xefe das temidas SS, a Gestapo e arquitecto da "Solución Final".

TRAILER
XOVES 30, ás 20:30 H
DOMINGO 3, ás 19:00 H

Ningún comentario: