de Dome Karukoski [104']
Finlandia
Ano: 2014
Comedia
Sinopse
Un arisco ancián choca coa súa nora cando, a
consecuencia dunha caída, teña que trasladarse a vivir coa familia do seu fillo
a Helsinski, unha cidade moderna, lonxe da súa contorna. A súa nora é unha muller
de carreira que non ten tempo para perder cun cascarrabias. As cousas
complícanse cando o rosmón decide axudar á súa nora para pechar un trato cuns
empresarios rusos e mellorar a relación co seu fillo.
XOVES 6, ás 20:30 H
DOMINGO 9, ás 19:00 H
Francia
Ano: 2016
Drama
Sinopse
Historia real dunhas monxas polacas embarazadas
tras ser violadas polas tropas rusas tras terminar a II Guerra Mundial. Un mosteiro preto de Varsovia (Polonia) alberga un escuro segredo.
Mathilde Beaulieu é unha moza médico enviada pola Cruz Vermella co fin de
garantir a repatriación dos prisioneiros franceses feridos na fronteira entre
Alemaña e Polonia. Pero a sorpresa chega cando descobre que unha gran parte das
irmás do convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello.
XOVES 13, ás 20:30 H
DOMINGO 16, ás 19:00 H
ACTOS DO DÍA DA REPÚBLICA
"GUERNIKA" de Koldo Serra [110']
España
Ano: 2016
Bélico, drama
Sinopse
Unha historia ao redor da poboación vasca bombardeada
pola aviación nazi en abril de 1937, durante a Guerra Civil Española. Nese
contexto, a moza Teresa, unha editora da oficina de prensa republicana chocará
con Henry, un xornalista americano en horas baixas que está a cubrir o
conflito. Teresa, sentirase atraída polo idealismo dormente de Henry e quererá
espertar nel a paixón por contar a verdade, que un día foi o seu único
obxectivo.
XOVES 14, ás 19:00 H e 22:30 H
CINE INFANTIL E XUVENIL
"BALLERINA" de Éric Warin, Éric Summer [89']
Francia
2016
Animación
Sinopse
Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive
nun orfanato no seu Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con
converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo escápase coa axuda do
seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa
para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a
vida que desexa.
DOMINGO 9, LUNS 10, MARTES 11 e MÉRCORES 12
ás 17:00 H
"COLONIA" de Florian Gallenberger [110']
Alemania
2015
Alemania
Thriller
Sinopse
Unha moza parella vese envolvida no golpe de estado de
Chile en 1973. El é secuestrado pola policía secreta de Pinochet, e ela
seguiralle a pista ata unha zona do sur do país chamada Colonia Dignidade, que
aparenta ser unha misión de caridade rexida por un sacerdote.
XOVES 20, ás 20:30 H
DOMINGO 23, ás 19:00 H
"BAIXO A AREA" [Under sandet] de Martin Zandvliet [100']
Ano
2015
Dinamarca
Bélico. Drama
Sinopse
A guerra non acaba cando se asina a paz. Cando Alemaña
rendeuse en 1945, na costa occidental danesa comezou outra dura batalla: a dos
novos soldados alemáns que foron obrigados a retirar miles de minas plantadas
na area polo exército nazi. Zandvliet mostra os malos tratos inflixido a eses
prisioneiros, un escuro episodio de posguerra pouco coñecido.
XOVES 27, ás 20:30 H
DOMINGO 30, ás 19:00 H
Ningún comentario:
Publicar un comentario