xoves, 9 de xuño de 2016

Segundo documental do ciclo de xuño sobre o Che antes de ser Che

La Huella del doctor Ernesto Guevara é o segundo documental do ciclo de xuño que o Cine Club Groucho Marx pón na pantalla da Casa da Cultura do Barco este xoves 9 as 20:30 e o domingo 12 as 20 h, si os actos da campaña electoral o permiten, Dito documental versa sobre os viaxes que Ernesto Guevara fixo por toda América con dous amigos durante os anos 1952-53. Unha viaxe de iniciación e formación que marcaría a personalidade dunha das figuras máis relevantes do pasado seculo. Anteriormente fíxose unha película titulada Diarios dunha motocicleta co mesmo argumento. Este documental mexicano esta dirixido por Jorge Denti.
Pinchade os enlaces para toda a información sobre o mesmo:

Ningún comentario: